turismoconcellodenoia@gmail.com / + 34 981 821 598
Nesta lingua de area, que arrinca da praia de Testal, atópase un dos bancos marisqueiros de berberecho máis importantes de Galicia, nel tamén destaca o cultivo da ameixa.
Este idílico paraxe atópase na marxe esquerda do río Tambre no tramo que vai dende o límite municipal do concello de Brión ata a central hidroeléctrica do Tambre.
O monte Iroite, que pertence a catro municipios da zona, entre eles Noia, déixanos a cima máis alta da Serra do Barbanza e polo tanto, unhas espectaculares vistas á Ría de Arousa dunha banda e á Ría de Muros e Noia pola outra.
Situado no monte San Lois, de 363 metros de altitude, este miradoiro conta cunha área de recreo dotado de mesas, bancos e grellas.
O río Traba déixanos, moi preto do centro histórico de Noia, un fermoso espazo composto por máis de vinte muíños medievais enmarcados por unha paisaxe natural bucólica atravesado polo leito deste río.
Punta Paralada, tamén coñecida como "Pedra da Fada", é un dos recodos que traza o río Tambre antes de chegar ao mar.
O encoro do Tambre é un dos paraxes máis coñecidos e apreciados de Noia, xa que acolle nun mesmo lugar espazos naturais imprescindibles e importantes monumentos arquitectónicos como a vella central hidroeléctrica, do ano 1932.