A nosa vila, situada na Ría de Muros e Noia, sen dúbida é unha localidade onde gozar da mellor gastronomía galega

Os bivalvos, en concreto o berberecho e a ameixa, son dous dos produtos máis valorados da zona e que atopan na tradición culinaria local unha maior representación en forma de diferentes receitas. Non deixes de probar os berberechos ao natural ou en elaboracións tan típicas tradicionalmente como a empanada de millo, que incorporan a cuncha deste marisco no seu recheo.

O mar que baña a costa noiense prové dos mellores pescados á hostalería local, certificados baixo o selo KM0 Galaica, que se complementan con verduras, hortalizas e unha carne dunha altísima calidade.

 

Noia dispón dunha variada oferta hostaleira para todos os gustos onde poderás probar tanto os pratos galegos máis coñecidos como a cociña galega de vangarda, que adapta as últimas tendencias do sector a unha materia prima recoñecida internacionalmente. No centro histórico, a pé de mar, nas zonas de praia ou no rural, degustar os pratos da zona na nosa vila é actividade obrigatoria para todos os visitantes que apostan por Noia para os seus momentos de descanso.

Non deixes de visitar o noso mercado de abastos, en pleno centro da localidade, onde postos de todo tipo de peixes e mariscos da Ría de Muros e Noia, carne de gandería local e verduras e froitas da zona fan as delicias de turistas e veciños.

Coñece nos seguintes enlaces os locais nos que desfrutar da gastronomía da zona: