O río Traba déixanos, moi preto do centro histórico de Noia, un fermoso espazo composto por máis de vinte muíños medievais enmarcados por unha paisaxe natural bucólica atravesado polo leito deste río. Na contorna mantéñense lavadoiros, presas, canles, camiños e escaleiras que facilitan o paseo cruzando o río. Ten un importante valor etnográfico.
Contacto
Enderezo:
Rúa Pedrachan - 15200 Noia
GPS:
42.78406080, -8.88320640