O río Tambre ten unha gran riqueza fluvial, sendo tempo atrás a pesca de  lampreas  unha importante fonte de ingresos. Desta actividade quedan vestixios nas antigas “ rodeiras” ou “ pesqueiras” que se poden ver nas marxes do río. Máis aló da propia beleza do río e os carreiros  ondulantes que percorren as súas marxes, destacan especialmente a Devesa de Nimo e a ponte colgante.   Na área da central hai un espazo utilizado como centro interpretativo da importancia das “ lampreeiras” e captura da  lamprea.

O encoro do Tambre é unha das paraxes máis coñecidas e apreciadas de Noia, xa que acolle nun mesmo lugar espazos naturais imprescindibles e importantes monumentos arquitectónicos como a vella central hidroeléctrica do ano 1932.   

O  estuario comprende o  último tramo do río, a súa desembocadura, o río Tines ( Concello Outes) e o fondo da Ría de Muros e Noia. Este espazo favorece a diversidade de ambientes permitindo que exista unha fauna e vexetación moi variada destacando os xuncos que cobran grandes extensións augas arriba de Ponte Nafonso. Ademais, esta zona forma parte da Rede Natura 2000, zona protexida.

Contacto

Enderezo:

Lugar O Tambre, Roo - 15212 Noia

GPS:

42.83735754, -8.85023361

Datos de mapas
Datos de mapas ©2020 Google
Datos de mapasDatos de mapas ©2020 Google
Datos de mapas ©2020 Google
Esta página no puede cargar Google Maps correctamente.
¿Eres el propietario de este sitio web?