Imaxe: La Voz de Galicia
A igrexa de San Martiño consagrada no primeiro ano santo de Santiago de Compostela
Ca entrada de maio chega a Semana da Historia de Noia e nela, terán especial relevancia distintas conferencias e espectáculos. Este ano, isto terá un valor especial e é que hai algo que relaciona Noia co ano Xacobeo.
No 1934, o arcebispo Lope de Mendoza, consagrou a igrexa de San Martiño que se atopa na nosa vila, coincidindo isto ca celebración do primeiro ano santo de Santiago de Compostela, aínda que isto con orixes no século XII. Estes tres séculos de diferencia entre ambos eventos fannos expor unha cuestión: Por que non foi convocado por parte da Igrexa o Xacobeo? Esta incógnita será despexada na Semana Histórica de Noia, onde tamén se abordarán temáticas relacionadas ca mesma.
Noia, o escenario perfecto da cultura e a tradición
Na Semana da Historia de Noia, entre o 8 e o 15 de maio, haberá conferencias da man de Xerardo Agrafoxo, Iria Caamaño, Marta Cendón, Manuel Pérez Mato ou Rosana Guerra, que son algúns dos nomes coñecidos que nos acompañaran nestas xornadas.
Non só teremos a honra de contar ca súa presenza, senón que aparte de conferencias haberá lugar para a música e a danza. Pois Esperanza Mara ofrecerá un repertorio de cantigas da Idade Media e Suso Xogaina presentará un espectáculo baixo o nome “Luces do portus apostoli”, será nese momento cando entrará en escena Verónica Martínez, filla e á vez directora da escola de danza da que os seus alumnos tamén serán partícipes sobre as táboas do Noela.
José Pérez, concelleiro de Cultura, fai mención á importancia de estas xornadas que se celebrarán, como xa dixemos, neste mes de maio e que contarán con temáticas a interese de todos: historia, arquitectura, arqueoloxía, arte, música e teatro baixo o nome Era de 1434. E, sobre todo, será nestes días nos que se dará resposta a esa incógnita que relaciona Noia e o Xacobeo.