Esta igrexa é de estilo barroco e dedicada a San Antonio de Padua, imaxe que se ve na hornacina, e que loce baixo un impoñente escudo dado que era unha capela particular fundada polo cóengo da Catedral de Santiago, Antonio de Castro Romero. No seu interior garda o retablo barroco adicado á vida de San Marcos, esta peza escultórica non é orixinal da igrexa, tróuxose en 1866 desde unha ermida adicada a San Marcos situada no monte do mesmo nome a pé do camiño real.
Contacto
Enderezo:
Parroquia Barro - 15210
GPS:
42.79420520, -8.89426130