Este cruceiro data do ano 1879 e representa a escena do Desencravo, momento no que Jesús de Nazaret, axudado por José de Arimatea e Nicodemo con María axeonllado é baixado da cruz.
Á beira atópase o peto de ánimas. É un interesante exemplo do bo facer dos canteiros; o conxunto localízase no lugar de Eiroa, parroquia de Santa Cristina de Barro.