Nesta igrexa gótica atópase unha exposición única de lápidas sepulcrais ou laudas de diferentes gremios profesionais e status sociais da vila que datan dende a época medieval ata a Idade Moderna (S. XIV a XIX). No cemiterio lindeiro ao templo, atópase un cruceiro cuberto por un baldaquino (século XVI), coñecido como o Cristo do Humilladoiro, un cruceiro gótico e máis de cincocentas lápidas con gravados ou relevos.

Con ánimo de mostrar unha selección, tanto  tipolóxica como cronolóxica dos fondos, a exposición organízase do seguinte modo:

  1. Laudas con representacións profesionais ou gremiais: caracterizadas   pola aparición de ferramentas identificábeis do gremio no que traballaba o defunto. Entre estas temos laudas con oficios de mariñeiros, canteiros, carpinteiros de ribeira, zapateiros, xastres, entre outras profesións.
  2. Laudas con marcas familiares:  sinalan de modo máis concreto, marcas a modo de firmas identificativas das familias. Estas marcas pasan de pais a fillos e, ás veces, poden aparecer asociadas a ferramentas do oficio que utilizaba en vida o defunto.
  3. Laudas con motivos  heráldicos e  epigráficos nos que figura o brasón familiar do representado.
  4. Laudas con temas  antropomorfos: a figura humana na súa principal decoración.

Contacto

Enderezo:

Rúa Ferreiro - 15200 Noia

GPS:

42.78349380, -8.88586010

Datos de mapas
Datos de mapas ©2020 Google
Datos de mapasDatos de mapas ©2020 Google
Datos de mapas ©2020 Google
Esta página no puede cargar Google Maps correctamente.
¿Eres el propietario de este sitio web?