As festas patronais de San Marcos celébranse cada ano en Noia a finais do mes de abril coincidindo co día 25, día propio da festividade de San Marcos. Durante catro xornadas, as rúas da vila énchense de milleiros de persoas gozando do amplo programa lúdico e cultural das festas, que inclúe atraccións de feira, verbena, concertos, música tradicional, exhibicións deportivas, mostras de pintura e moitas outras actividades. Ademais, o propio día 25 teñen lugar dous importantes eventos tradicionais: a feira cabalar, unha das máis antigas de Galicia onde a maiores de compravenda de cabalos hai tamén exhibicións de beleza, concursos hípicos e certames de raza que atraen a público de toda Galicia; e a feira de maquinaria agrícola e industrial, onde se expoñen as últimas novidades do sector.
Contacto
Enderezo:
Noia - Noia
GPS:
42.78427570, -8.88828910