A Feira Medieval de Noia, unha das máis coñecida de Galicia, é unha cita obrigada para todos os amantes desta clase de eventos. Celébrase cada ano a mediados de xullo e durante unha fin de semana aproveita as rúas, prazas e edificios do casco histórico noiés para recrear o ambiente da vida no medievo. Así, entre as actividades principais destacan o mercado medieval con numerosos postos de gastronomía e artesanía local e de Galicia, que abre de venres a domingo de 11 da mañá a 12 da noite; e outras actividades lúdicas como exhibicións de cetrería, torneos e loitas a cabalo, pasarrúas, actuacións musicais, animación, teatriños, talleres en directo, actividades infantís e unha zona de xogos para os máis cativos.
Contacto
Enderezo:
Casco histórico de Noia - Noia
GPS:
42.78427570, -8.88828910