Os mellores plans para facer cerca de Santiago de Compostela

Noia é un municipio de A Coruña que está moi cerquiña de Santiago de Compostela, aproximadamente a media hora en coche. Pola súa historia e os seus encantos debería ser un lugar para marcar no teu itinerario se visitas á capital galega, sobre todo se coincide cun día de sol e de altas temperaturas e necesitas bañarte nas nosas augas do atlántico.

Seguro que agora coa chegada do Ano Santo galego, coñecido como ano Xacobeo, apetéceche vir aquí, así que ¿vémolo xuntos?

Noia, as súas alternativas se queres coñecer máis alá de Santiago

Da igual o motivo da túa viaxe, tanto se é por desfrutar do turismo e da tranquilidade de Galicia ou porque precisas a experiencia de realizar o Camiño de Santiago, en Noia tes moitos plans para elixir o que máis se adecúa a ti sen afastarte moito de Compostela.

Empezamos,

  • Paseos interminables polo seu casco histórico.

Ao mellor vés de camiñar kms e kms e non che apetece facer nada máis que tomar algo nunha terraza, pero polo menos se ese vai a ser o teu plan que sexa desfrutando das vistas da Noia medieval.

A súa zona vella destaca polas súas casas mariñeiras como a Casa da Xoueba e o Pazo Dacosta, e tamén polas súas igrexas de: San Francisco, Santa María A Nova, onde podes ver o Museo das Laudas e as súas 500 lápidas de pedra dos séculos XIV ao XIX, e a Igrexa de San Martiño. Esta última está na Praza do Tapal e faise notar pola súa torre inacabada. Si, o que les,  dicíase que quen tentara terminala tería un fatal destino, o que se coñece como a “lenda negra”.

Ademais do encanto que a Zona Vella ten por si soa, en xullo temos a Feira Medieval de Noia, así que mira ben o teu calendario non vaias ser o único sen vestirse do medievo, aínda que tranquilo que se isto acontece poderás alugar algún traxe e sentirte un auténtico medieval.

  • Coñece o Dolmen de Argalo para desfrutar da arquitectura máis antiga do mundo.

Moi preto do centro de Noia podemos ver este sepulcro megalítico máis coñecido por A Cova da Moura. Foi escavado en varias ocasión para buscar tesouros e incluso chegaron a atoparse multitude de obxectos como puntas de frecha ou restos de cerámica  campaniforme. Moi preto podemos ver a  Fervenza de Argalo, que seguro te impresionará. É un atractivo no río Vilaboa.

  • Por último, chegamos ás praias.

A praia de  Testal é grande e ten a auga máis quente que outras, pero é a máis próxima á vila de Noia, por iso adoita ser das máis cheas no verán.

Doutra banda, temos  Boa  PequenaBoa Grande que son dúas das praias máis tranquilas. A primeira é máis pequena por se buscas unha praia máis relaxada e  Boa Grande ten restaurantes e mellores servizos.

Poderiamos seguir alardeando de vila, pero quizais con isto xa é suficiente para que te animes a visitarnos. As nosas paisaxes non te defraudarán e senón sempre podemos quedarnos nesa  terraciña da Zona vella da que falabamos ao principio. Espero axudarche a descubrir Noia!