Todo o conxunto formaba parte do convento edificado no século XVI.
Templo de estilo oxival-renacentista. Responde o trazado de planta de cruz latina con brazos do cruceiro curtos onde se albergan capelas con bóvedas de finais do gótico tardío. Na capela da Epístola albergan sepulcros do século XVI que corresponden a Bermúdez de Castro, cabaleiro da orde de San Juan de Malta, e e a Pedro de Losada, contino da súa maxestade. Á beira da capela do Evanxeo, na parede da nave, distinguimos unha fermosa pintura mural do século XVI que representa a San Cristóbal.
A Capela Maior está presidida por un magnífico retablo realizado no século XX e que representa á Virxe, Santa Clara e San Francisco.
Tanto no interior como no exterior da zona próxima á cabeceira da igrexa obsérvanse numerosos escudos que corresponden ás familias que axudaron economicamente a levantar a igrexa.
O claustro, século XVI, que no seu día formou parte do convento, se accede desde o edificio do Concello. Claustro de dúas alturas no que se manteñen os arcos carpanais orixinais na planta baixa.
Contacto
Horario
Misa:
- Luns - Sábado: 20:00
- Domingos e festivos: 10:30, 12:30 y 20:00