Rematada en 1434, esta igrexa declarada Ben de Interese Cultural é un templo representativo do estilo gótico galego dunha soa nave e capela maior  poligonal cuberta por bóveda de  crucería que ao exterior vese reforzada por un remate ameado. Este elemento imprímelle certo carácter de fortaleza. A igrexa foi construída en tempos do arcebispo Lope de  Mendoza que aparece no  tímpano da portada lateral norte xunto á Virxe co Neno e San Xosé. No  tímpano da portada principal vese o seu escudo con lúas  escaqueladas.

Atrae a nosa atención a amplitude do espazo da nave dominada pola luz das vidreiras que se abren nos panos dos muros, na zona do altar e no  rosetón da fachada occidental sendo este o elemento que domina os xogos de cores luminosos dentro deste espazo.  Co tempo, finais do século  XVI, abriuse no lado da epístola, a capela de Valderrama onde se atopa a pila  bautismal.

A fachada ofrece no seu exterior, cara á praza do  Tapal, unha bela portada escultórica que nos leva a ver a influencia da obra do mestre Mateo no Pórtico da Gloria da catedral de Santiago. Nela podemos recoñecer aos monstros, nas bases, seguidos, en ascenso, polos apóstolos colocados en dúas alturas nas  xambas e nas  arquivoltas doce anciáns que portan instrumentos musicais e rodean a Cristo Xuíz, no centro. No arranque das  arquivoltas represéntase a escena da Anunciación, a Virxe nun extremo e o arcanxo no outro. A portada, coroada por un fermoso rosetón, atópase flanqueada por corpos laterais que rematan na torre do campanario e na do reloxo.

A cultura popular asegura que existe unha maldición na torre inacabada desta igrexa: quen tente rematar a segunda torre da igrexa terá un triste final. Cóntase que un antigo mestre canteiro caeu dende ela mentres traballaba e, co tráxico suceso que lle ocorreu ao director Claudio Guerín, que faleceu no ultimo día da rodaxe da película “La campana del infierno” en 1973 tras reconstruír en cartón-pedra a segunda torre, o lugar onde faleceu está sinalado nunha pedra cunha pequena inscrición en forma de cruz.

Contacto

Enderezo:

Praza do Tapal s/n - 15200 Noia

GPS:

42.78230696, -8.88872195

Teléfono:

Horario

Misa:

  • Verán (29/03—30/04)
    • Luns - Sábado:20:30
    • Domingos e festivos: 9:00, 12:00, 20:30
  • Outono-Inverno (01/10-31/01)
    • Luns - Venres: 9:30 y 19:00
    • Sábado: 19:00
    • Domingos e festivos: 9:00, 12:00 y 19:30
  • Inverno (01/02-28/03)
    • Luns - Venres: 9:30 y 19:30
    • Sábado: 19:30
    • Domingos e festivos: 9:00, 12:00 y 19:30

Datos de mapas
Datos de mapas ©2020 Google
Datos de mapasDatos de mapas ©2020 Google
Datos de mapas ©2020 Google
Esta página no puede cargar Google Maps correctamente.
¿Eres el propietario de este sitio web?