Do ano 1928 e obra do famoso canteiro “Pepe dá  Agulla”. O edificio do Casino de Noia é un edifico emblemático pola súa arquitectura e de referencia pola súa historia e concentración de actividades culturais e lúdicas.

A súa arquitectura, en fachada, responde a unha linguaxe de estilo  ecléctico inspirado en formas de estética  neobarroca.  Os elementos máis significativos son, no aspecto  estilístico: as columnas, balcóns voados conxugando o ferro e a pedra e os vans en arco e  alintelados; no aspecto decorativo cabe resaltar a pedra labrada, os  balaústres, os  pináculos e reixa de ferro. Na actualidade este espazo, que conta coa categoría de edificio arquitectónico singular, acolle o Centro de Visitantes Multifuncional do Xeodestino da Ría de Muros-Noia.

Contacto

Enderezo:

Rúa Galicia - 15200 Noia

GPS:

42.78418670, -8.88801300

Datos de mapas
Datos de mapas ©2020 Google
Datos de mapasDatos de mapas ©2020 Google
Datos de mapas ©2020 Google
Esta página no puede cargar Google Maps correctamente.
¿Eres el propietario de este sitio web?