Situada na Alameda e á beira da igrexa renacentista de San Francisco, mostra na súa fachada unha torre neogótica cun gran arco de acceso e ameas ornamentais na parte superior. É de construción recente, metade do século XX e a rehabilitación do edificio foi obra do arquitecto santiagués Leoncio Bescansa No seu interior alberga escudos de edificios de Noia que están no claustro da planta baixa así como restos que formaron parte do edificio dos franciscanos; tamén é interesante o curioso arco apuntado medieval pertencente ao Hospital do Santo Espírito de Afora, denominado de Afora porque se localizaba na periferia, e no que se atopan, nas súas doelas, gravados referentes ao mundo da peregrinación (báculo con cabaza, e cuncha) xa que este hospital acollía a peregrinos; outro gravado fai referencia á orixe mítica de Noia que segundo a lenda Noia foi fundada por Noé, e así aparece nunha doela a representación do arca de Noé e a pomba. Hai outra variante na lenda de fundación mítica de Noia que di que foi fundada por Noela (neta de Noé).
Contacto
Horario
De luns a venres de 08:00-15:00