Esta zona verde e de esparexemento responde a un momento no que a vila crece exteriormente. Xorden así os xardíns Felipe de Castro a finais do século  XIX, bautizados con ese nome polo busto sobre pedestal que preside a entrada. Este busto é obra do artista noiés nado no  S. XVIII, escultor real nos tempos de Fernando VI e director da Real Academia de Belas Artes de San Fernando. O busto en bronce colocouse a finais do século  XIX e da mesma época son os grandes  magnolios xaponeses. Con motivo da celebración do Día das Letras  Galegas, colocáronse os bustos de dous escritores noieses: Antón Avilés de Taramancos, obra do artista Camilo Seira (2003), e  María Mariño, obra da artista Soledad Penalda (2007). Este espazo que fala de Noia como berce artístico tamén mostra un busto do músico noiés Prudencio Romo, cofundador do grupo Os Tamara que revolucionou a música galega. Dita escultura foi realizada polo artista noiés Emilio Mariño.

A esta zona de xardíns séguelle a Alameda que coñecerá, co tempo, modificacións. Gusta contemplar os bancos con respaldo de ferro no que figuran os anos da súa fundición e colocación, os máis recentes foron renovados. O orixinal chan de area foi cuberto no ano 1968 por un  embaldosado, o de agora foi renovado; o palco da música colocouse en 1950 e en 1970 créase o parque infantil da Alameda

Contacto

Enderezo:

Rúa Coruña - 15200 Noia

GPS:

42.78646360, -8.88812520

Datos de mapas
Datos de mapas ©2020 Google
Datos de mapasDatos de mapas ©2020 Google
Datos de mapas ©2020 Google
Esta página no puede cargar Google Maps correctamente.
¿Eres el propietario de este sitio web?