As xornadas de exaltación do berberecho de Noia, organizadas pola Confraría de Pescadores San Bartolomeu, teñen lugar durante o mes de outubro co obxectivo de dar a coñecer e poñer en valor este produto estrela da gastronomía noiesa. Así, durante unha fin de semana celébranse degustacións coas diferentes elaboracións deste manxar do mar, showcookings, masterclass, charlas, debates e outras moitas actividades, acompañadas de pasarrúas de charangas e grupos folclóricos que poñen o punto musical á festa.
Contacto
Enderezo:
Rúa República Argentina - 15200 Noia
GPS:
42.78043940, -8.88434350