A empanada de Noia é, xunto co berberecho, unha das estrelas gastronómicas da vila e de toda a comarca. Por iso, desde 1979 e coincidindo coas festas patronais de San Bartolomeu, celébrase a Festa da Empanada en homenaxe a este manxar tradicional, que pode degustarse durante todo o ano en calquera restaurante ou taberna do municipio. A empanada de Noia pode ser de millo ou de trigo, unha peculiaridade que as diferenza das do resto de Galicia é porque á de trigo, unha vez no forno, dáselle a volta coma se dunha tortilla se tratase. Durante a festa, ademais de degustacións, pode ter lugar tamén un importante concurso de empanadas, no que participan profesionais e particulares.
Contacto
Enderezo:
Noia - Noia
GPS:
42.78427570, -8.88828910