Noia Jazz, o Festival Internacional de Música Jazz da Vila de Noia, ten lugar cada ano a mediados de agosto na Praza da Constitución, e reúne aos mellores grupos de jazz de España e do panorama musical internacional. O festival, que celebrou xa a súa décima edición, ampliou ademais o seu cartel a un terceiro día de concertos, dedicado aos músicos locais. Unha cita imprescindible para todos os amantes deste xénero musical e para calquera visitante, que descubrirá entre as rúas de Noia a mellor sala de concertos ao aire libre.
Contacto
Enderezo:
Rúa Cantón - 15200 Noia
GPS:
42.78299329, -8.88857354